Autor: Penediños
-
Feira do Libro 2025 do Porriño
O 29 de maio de 2025 Pande Atios actuou na Feira do Libro 2025 do Porriño.
-
Día da muiñeira 2025 en Vigo
O 18 de maio de 2025 participamos no día da muiñeira 2025, en Vigo, tal e como o vimos facendo os últimos anos.
-
Día das Letras Galegas 2025
O 17 de maio do 2025 celebramos, na Cultural de Atios, o Día das Letras Galegas 2025, que este ano se dedicou ás cantareiras. Contamos con: Presentación sobre as cantareiras Vídeos emitidos A continuación podedes ver os vídeos do programa Alalá da TVG e da Real Academia Galega. Alalá nº 14 “Concha de Luneda” –…
-
Participamos no festival folclórico das asociacións culturais e veciñais do Porriño do 2025
A sección de baile, acompañada das gaitas e percusión, participou no festival folclórico das asociacións culturais e veciñais do Porriño, que se celebrou no Porriño o 17 de maio de 2025, ás 19:00.
-
As cantareiras actúan nun evento privado
O pasado 27 de febreiro de 2025 as cantareiras da nosa Asociación actuaron nun evento privado celebrado no Porriño.
-
A Coral Polifónica participa no Concerto de Nadal do Centro Cultural A Forna
A Coral Polifónica Os Penediños de Atios participou o domingo 29 de decembro de 2024 nun concerto conxunto coa Coral Polifónica A Forna de Budiño. O evento tivo lugar ás 18:00 horas no Centro Cultural A Forna de Budiño.
-
A Coral Polifónica participa no Encontro de Corais do Porriño
A Coral Polifónica Os Penediños de Atios participou o domingo 22 de decembro de 2024 nun concerto conxunto coas corais Polifónica da Escola Municipal de Música do Porriño e Polifónica San Blas de Budiño. O evento tivo lugar ás 18:00 horas no Círculo Recreativo Cultural do Porriño. As tres formacións ofreceron un repertorio variado e…
-
As cantareiras actúan nun evento privado
O pasado 19 de decembro de 2024 as cantareiras da nosa Asociación actuaron nun evento privado celebrado no Porriño.
-
Actuación no acendido de luces de Nadal no Porriño
O 23 de novembro de 2024 participamos no acendido de luces de Nadal no Porriño.
-
Mes cultural dos Penediños no 2024
O Centro Cultural Atios, en O Porriño, acolleu unha programación repleta de música, folclore e actividades para todos os públicos. Foi unha oportunidade única para mergullarnos na cultura local.
