A Coral Polifónica participa no Encontro de Corais do Porriño

A Coral Polifónica Os Penediños de Atios participou o domingo 22 de decembro de 2024 nun concerto conxunto coas corais Polifónica da Escola Municipal de Música do Porriño e Polifónica San Blas de Budiño. O evento tivo lugar ás 18:00 horas no Círculo Recreativo Cultural do Porriño.

As tres formacións ofreceron un repertorio variado e emotivo, encheron o local de harmonía e recibiron o calor do público asistente. Foi unha tarde inesquecible, na que a música uniu a comunidade e celebrou o espírito navideño.


Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *